FeC insta ao goberno local a pedir as axudas para implantar as ZBE

Ferrol en Común a través dun cominicado expresa que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana xunto co Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico ven de publicar a convocatoria do Programa de axudas a municipios para a implantación de Zonas de Baixas Emisións e transformación dixital e sostible do transporte urbano, «unha cuestión na que Ferrol está á cola e incluso dando pasos cara atrás» 

«O futuro de todas as cidades pasa pola sostenibilidade das mesmas, mellorando a calidade do aire, descarbonizando o transporte urbano, impulsando a mobilidade activa, limitando o uso do vehículo privado para reducir un 35% o tráfico e mitigar así as emisións de gases contaminantes, reducir o ruído e, en definitiva, mellorando a calidade de vida nas cidades»

«Durante o mandado pasado poucos pasos déronse neste sentido e no que levamos de mandato do Partido Popular incluso se retrocedeu nas decisións xa adoptadas, coma reabrir o tráfico na Praza de Armas, decisións que van totalmente en contra do modelo de cidades do futuro e da Ley Ley 7/2021, de 20 de mayo, de Cambio Climático y Transición Energética, que daba de prazo ata o 1 de xaneiro de 2023 para establecer Zonas de Baixas Emisións nas cidades de máis de 50.000 habitantes».

«É tal a gravidade que ata o Defensor do Pobo abriu unha investigación contra a nosa cidade por ser unha das 18 cidades que non teñen nin os trámites iniciados para establecer as ZBE» engaden

Dende FeC «sempre defendimos un modelo de cidade verde, sostible e para as persoas, polo que instamos ao goberno local a solicitar estas axudas recentemente convocadas para poñer en marcha estas Zonas de Baixas Emisións, que principalmente deberían de se ubicar na zona da Magdalena retomando a súa  peonalización e para o que sería preciso limitar o tráfico rodado, habilitar o paso dos residentes e crear aparcamentos disuasorios, ademais de modernizar a flota de autobuses por uns eléctricos ou de hidróxeno coma xa ocorre en outras cidades ou establecer puntos de recarga eléctrica»

«Todas estas medidas que mellorarían a nosa cidade poden ser financiadas polas axudas das que estamos a falar. Polo que lle reclamamos ao goberno local que se poña a traballar nos proxectos oportunos para presentar a estas subvencións e dar cumprimento á Lei implantando as ZBE, para o que pode aproveitar o traballo desenvolto por Ferrol en Común xa durante o seu mandato, onde realizou un amplo estudo sobre o impacto da peonalización do barrio da Magdalena»

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …