Rivas destaca o esforzo do Goberno na conectividade dixital ultrarrápida en Galicia

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, puxo en valor o esforzo do Goberno de Pedro Sánchez para completar a conectividade dixital ultrarrápida do territorio galego a través dos 90.655.012 millóns de euros do programa UNICO-Banda Ancha, que xa levou a conexión a internet mediante fibra óptica a 273.300 familias e empresas de zonas rurais e remotas da comunidade, nunha clara aposta polo reequilibrio territorial, a mellora da calidade de vida das persoas que viven e traballan nas zonas rurais, a mellora da competitividade e a redución da fenda dixital.

A subdelegada destacou que na provincia da Coruña o investimento total do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital ascende a 21.503.446 euros, que permitiu a instalación dunha nova rede de conexión ultrarrápida en 63.509 fogares e empresas das zonas rurais da provincia que antes non dispoñían deste servizo.

Ata o momento lanzáronse tres convocatorias do programa UNICO. A primeira foi en 2021, sendo a empresa adxudicataria Telefónica S.A. Na convocatoria do ano 2022 e na recente convocatoria do 2023, distintas empresas nas 4 provincias galegas continuaron coas actuacións contempladas no Plan.

Así, na provincia da Coruña a empresa adxudicataria pasou a ser Rede Aberta; Adamo para Lugo e Avatel para as provincias de Ourense e Pontevedra.

O Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión (ÚNICO-Banda Ancha) está financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) do Goberno, a través do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e ten o obxectivo de acabar coa fenda dixital levando cobertura de moi altas capacidades ao 100% da poboación española en 2025.

Parroquia de Muíño en Zas

O pasado 23 de novembro, a instancias da subdelegada do Goberno, María Rivas, celebrouse unha reunión na subdelegación co alcalde de Zas, Manuel Muíño, e cos responsables da empresa Rede Aberta, adxudicataria das axudas na provincia da Coruña nesta convocatoria do 2023.

En dita reunión, abordáronse as cuestións relacionadas cos plans de implantación das terceira fase do programa UNICO, e os prazos que contemplan para as distintas fases de execución para este concello, das que se lle deu puntual traslado ao rexedor municipal.

María Rivas, fixo balance do traballo desenvolvido ata este momento no concello e lembrou que na primeira convocatoria do ano 2021, a empresa Telefónica S.A instalou conexión rede ultrarrápida en 336 fogares e empresas do concello de Zas que antes non contaban con este servizo.

Para a convocatoria 2022 (que é a que se está a desenvolver do período 2023-2024), a empresa Rede Aberta continua coas actuacións contempladas no Plan UNICO neste municipio, levando conexión ultrarrápida a 562 fogares e empresas.

Neste senso, o alcalde de Zas expresou que durante o despregue de fibra realizado ao amparo da concesións do ano 2021, a empresa Telefónica S.A. non incluíu nos á totalidade das casas da parroquia de Muíño o que está a ocasionar queixas por parte dos veciños

Para dar solución e esta circunstancia, tanto a subdelegada do Goberno como os representantes da empresa Rede Aberta, confirmaron ao alcalde que a actuación na parroquia de Muíño xa se encontraba entre as actuacións deseñadas para continuar co plan de implantación da banda ancha no concello, e que serán acometidas de xeito inmediato para o primeiro semestre do ano que ven.

Neste novo despregue pola parroquia de Muiño, os representantes de Rede Aberta tamén informaron ao rexedor municipal das empresa de servizos de telefonía que teñen conveniado con eles para a prestación final do servizo aos veciños, e que actuarán como operadores de servizos; empresas entre as que non se atopa Telefónica S.A.

Así, nesta terceira convocatoria, que pechou prazo de solicitudes o 15 de setembro de 2023, a empresa Rede Aberta levará internet de alta velocidade a 150 beneficiarios do concello de Zas, que xa incluían os fogares e empresas da parroquia de Muíño.

Finalmente a subdelegada do Goberno trasladoulle ao alcalde de Zas a disponibilidade para poder comunicar de xeito directo esta información aos veciños da parroquia de Muiño para que así podan coñecer os detalles de como o compromiso do Goberno de extensión do Plan Único de banda ancha tamén te previsto, achegar o servizo ao concello de Zas.

Lea también

Palo Santo do Camiño, uno de los mejores quesos mundo por los “World Cheese Award

Palo Santo, con su queso curado “Palo Santo do Camiño” de 12 meses, ha sido …