O pavillón da Gándara acolle o “IX Trofeo de fútbol sala Cidade de Narón”

O concelleiro de Deportes do Concello de Narón, Ibán Santalla, e un dos integrantes da directiva do club de fútbol sala Cidade de Narón, Roberto Ortega, presentaron o “IX Trofeo de fútbol sala Cidade de Narón”.

O evento, tal e como indicaron, celebrarase este xoves 28, a partir das 21:30 horas nas instalacións co complexo polideportivo municipal da Gándara. O club local xogará co club de fútbol sala Pondedeume e a entrada é de balde.

Ortega explicou que “quixemos corresponder ao club de Pontedeume, que tamén nos convidou a nós a xogar no seu concello durante as festas das Peras, e é un club amigo co que temos unha relación moi cordial”.

O concelleiro de Deportes destacou a traxectoria do Cidade de Narón, actualmente en terceira nacional, e a súa labor, con equipos nas categorías dende biberón ata o primeiro equipo. “É un dos clubs de referencia na nosa cidade, en canto ao número de deportistas e tamén pola súa traxectoria no tempo”, asegurou Santalla, que lle desexou sortea os xogadores do club local neste evento

Lea también

Blanca Hermida, del Natación Ferrol, logra el bronce en el Campeonato del Mundo máster de Singapur

Blanca Hermida, del Club Natación Ferrol, acaba de participar en el Campeonato del Mundo en …