As Somozas inicia a programación das festas co Festival de Nadal

O Concello das Somozas organiza este venres 22 de decembro, o Festival de Nadal, para darlle a benvida ás festas deste ano.

A actividade comeza ás 17 horas no Complexo Multiusos da localidade, e haberá inchábeis, chocolatada para todas as persoas asistentes e música a cargo de Peque Disco Moc Moc. Os nenos recibirán unha visita moi especial a cargo de Papá Noel, que escoitará todas as súas peticións de agasallos antes de facer a súa viaxe polas casas en Noiteboa.

Desde o Goberno local animan a todos os veciños a achegarse ata o Complexo Multiusos a gozar dunha tarde marabillosa chea de maxia para darlle a benvida ao Nadal.

Lea también

Fuentes (Indra) prevé que el 80% de los trabajadores de la fábrica de As Pontes sean de la comarca

El director de fabricación y cadena de suministro de Indra, José Manuel Fuentes, ha avanzado …