«Robots» e «Star Wars (episodio IV)» se proxectan este Nadal no CIS de Ferrol

CIS-Ferrol

O CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, organiza dúas novas xornadas de cine e show científico dirixidas a un público familiar os próximos 22 e 29 de decembro, despois da boa acollida das xornadas celebradas o pasado verán.

A proposta consiste na proxección dunha película seguida dun espectáculo científico no que se analizará o seu contido dun xeito ameno e didáctico, levando a cabo experimentos e reflexionando sobre a importancia da ciencia e a tecnoloxía para a sociedade.

A primeira xornada celebrarase o día 22 de decembro, coa proxección da primeira películada saga Star Wars (Episodio IV. Unha nova esperanza), que permitirá abordar na charla a relación entre ciencia e ciencia ficción. A data límite de inscrición é o 20 de decembro de  2023.

A segunda xornada terá lugar o día 29 de decembro, coa proxección da película de animación Robots e unha charla sobre a innovación tecnolóxica, a intelixencia artificial e a robótica. A data límite de inscrición para esta sesión é o 27 de decembro de 2023.

A proposta busca achegar a ciencia, a tecnoloxía e a innovación á cidadanía dun xeito atractivo, cun formato que permita aos asistentes gozar dunha experiencia de comunicación científica innovadora e apta para todo tipo de públicos a partir de 7 anos.

As xornadas de cine e show científico son gratuítas. Terán lugar no salón de actos do CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol en horario de 11:30 a 14:00 horas; Y para facilitar a asistencia, a organización pon a disposición dos asistentes un servizo de buses de balde con rutas desde Narón e Ferrol. 

Toda a información sobre contidos, rutas dos buses, datas límite e formularios de inscrición está dispoñible na web do CIS: https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/cine-e-show-cientifico-no-cis-tecnoloxia-e-deseno-2/

Lea también

Pantín, Valdoviño, acoge el III Festival de Danza Contemporánea desde la Tradición “Sobre Táboas”

El certamen que promueve el Ayuntamiento de Valdoviño bajo la dirección artística de Jaime Pablo …