Narón promove “Felicita o Nadal en galego!” e un obradoiro de cantos de Nadal

O Servizo de Normalización Lingüística de Narón promove un ano máis a campaña “Felicita o Nadal en galego!”, a través da que se anima á cidadanía a empregar o uso do galego na comunicación propia destas datas.

Con esta finalidade, tal e como indicou a concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, puxéronse a disposición da cidadanía varios deseños de postais en galego e ofrécese tamén asesoramento lingüístico.

A edil naronesa explicou que están dispoñibles seis novos deseños no enlace: https://naronengalego.gal/dinamizacion/#nadal, podendo envialas a familiares e amizades a través das redes sociais, aplicacións móbiles, correo electrónico, ou imprimilas e envialas por correo postas no caso de querer recurrir a unha versión máis tradicional.

En canto ao servizo de asesoramento lingüístico, a edil informou que as persoas que queiran facer uso do servizo de revisión dos textos a enviar coa felicitación poden facelo enviándoo á dirección: a.pita@naron.es, que llo reenviará coas correccións oportunas.

A maiores, tamén dende o Servizo de Normalización Lingüística, neste caso coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Narón, organizouse o obradoiro “Cantámosche os Reis”, de Pablo Díaz.

Está dirixido a público de todas as idades, recomendándose no caso dos nenos que saiban ler e que vaian acompañados como mínimo dunha persoa adulta. A actividade levarase a cabo o día 26 deste mes ás 17:30 horas na Biblioteca Pública municipal (a parte teórica) e con parada en varios comercios da zona do Alto (a parte práctica).

Pablo Díaz e Olga Kirk impartirán este obradoiro, no que se aposta por recuperar a tradición oral en galego e tamén promover e reforzar a celebración do Nadal en galego e visibilizar o comercio local de Narón.

A acción enmárcase no proxecto “Narón gaña co galego” e as persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do correo electrónico: a.pita@naron.gal, indicando o nome da actividade, o nome e idade da persoa participante, o nome da nai, pai ou persoa acompañante no caso de ser menores, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.

A participación, tal e como indicou María Lorenzo, será por orde de inscrición. A concelleira de Política Lingüística destacou a importancia de “manter este tipo de iniciativas, encamiñadas a dinamizar a actividade do Nadal e apostando por fomentar o uso do galego entre a cidadanía durante estas datas” e animou ós veciños de Narón a participar tanto na campaña de felicitación do Nadal como no obradoiro de cantos.

Lea también

Club Arco Narón obtiene excelentes resultados en el Trofeo Federación Galega indoor

El pasado fin de semana se celebró en O Barco de Valdeorras (OU) el Trofeo …