Peche do tráfico este mércores 13 na rúa Cabanas de As Pontes

As obras de renovación de servizos públicos e pavimentos na rúa Cabanas en As Pontes, un proxecto, financiado a través do POS 2022 da Deputación da Coruña, cun orzamento de 195.452 euros, entra na súa fase final coa execución da nova capa de rodaxe .

Así, este mércores día 13,  a partir das 08:00 horas, pecharase a rúa ao tráfico para proceder a extensión dunha capa de rodaxe de mistura quente, unha vez finalizada a renovación das beirarrúas do viario na que se apostou pola eliminación das barreiras arquitectónicas.

Esta actuación ademais permitiu a execución dunha nova rede de recollida de augas pluviais separativa, nas dúas marxes da rúa. Unha rede dotada cos correspondentes sumidoiros, con arquetas de recollida de acometidas das vivendas, e que ten como obxectivo prioritario o control do aporte de augas limpas ao sistema de depuración municipal. A actuación tamén incluíu a execución dunha nova canalización para a iluminación pública, ao longo de toda a beirarrúa dereita, e a substitución da canalización de alimentación desde o cadro xeral a toda a zona para iluminación e comunicación.

As obras tamén contemplaron a instalación de mobiliario urbano; bancos, papeleiras e xardineiras, realizadas en madeira de elondo, vernizado especial e accesorios de aceiro inoxidable. Os traballos rematarán coa reposición da sinalización viaria.

Lea también

Xosé Miguel Mahía renunció al acta de concejal de Mugardos por motivo de estudios en el extranjero

La noticia, aunque no era oficial, se hizo real en la mañana de este miércoles, …