O BNG enmenda os orzamentos da Xunta para reverter a situación de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ven de presentar unha batería de emendas aos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano coas que pretenden «mellorar aspectos fundamentais para o desenvolvemento económico e social da cidade de cara a reverter a tendencia e, tras 14 anos de políticas do Partido Popular, frear a perda de poboación e o impulso industrial da cidade»

Mon Fernández, Deputado do BNG, indicou que obxectivo do BNG «é facer destes orzamentos un punto de inflexión para a cidade de Ferrol». «Queremos que Ferrol avance e para iso avanzou que as emendas do BNG a estes orzamentos xiran en torno a tres eixos fundamentais: o impulso tecnolóxico para a Industria, a recuperación urbana da cidade e o desenvolvemento dus servizos públicos de calidade»

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, incidiu no feito de que «a Xunta de Galiza debe asumir un compromiso de futuro explícito con esta cidade en aspectos tan básicos como a mobilidade, o saneamento ou a recuperación do patrimonio».

«Un compromiso coa mobilidade tanto ferroviaria como por estrada que debería ter o seu traslado nos orzamentos para este ano 2024 mediante a incorporación de partidas destinadas á desenvolver un proxecto de servizo ferroviario de proximidade na liña Ferrol- Ortigueira (300.000€) e á elaboración do estudio destinado á creación do “Galtrén”, (200.000 €)ao tempo que se dota de 500.000 euros para a mellora o transporte público urbano»

«Xunto á mobilidade, á necesidade de desenvolver o saneamento integral da cidade con criterios de sustentabilidade é outro dos aspectos a abordar nestes orzamentos cunha perspectiva de futuro»

«Alegrámonos que tras unha década de espera por parte do PP se asuma a necesidade de desvincular as obras do saneamento do rural da empresa EMAFESA, mais para o portavoz nacionalista é preciso incrementar os importes a investir e non reducilos, tal e e como acontece na proposta actual de orzamentos respecto da do ano 2023 e que ademais quedou sen executar»

«Do mesmo xeito é prioritario iniciar a transformación do sistema de saneamento para poder contar cunha rede separativa de augas co fin de camiñar cara un sistema de depuración sustentábel, tanto no económico como no medioambiental»

Por outra parte, o portavoz nacionalista fixo fincapé na «necesidade de que a Xunta de Galiza se faga responsable da recuperación do noso patrimonio, tanto o construído como o arqueolóxico»

«Neste senso, o proxecto de rehabilitación da casa de Carvalho Calero, mediante a declaración de zona ZER por parte do IGVS, e a implicación económica da Xunta cunha partida de 600.000 € é fundamental, do mesmo xeito que desenvolver unha estratexia de posta en valor de recursos tan valiosos como os restos da muralla medieval atopados na rúa San Francisco cunha enmenda de 400.000 €»

Por último, Rivas salientou «a necesidade abandonar a demagoxia e concretar en partidas específicas anuncios que se dilatan no tempo con múltiples escusas. O proxecto de rehabilitación integral do IES Concepción Arenal, a dotación ao IES de Ferrol Vello dun pavillón polideportivo ou a residencia de maiores de Santa Icía deben pasar das palabras aos feitos, e é con este obxectivo que formulamos desde o BNG emendas a estes orzamentos de 2024 para que isto aconteza»

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …