Se avanza en Pontedeume na recuperación do acceso á cala de Paredes

O Concello de Pontedeume e a Demarcación de Costas do Estado en Galicia mantiveron unha reunión para avanzar en varios proxectos.

Na reunión participaron o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández; o xefe da Demarcación de Costas do Estado en Galicia, Carlos Gil; o presidente do Club Náutico Entrepontes, Javier Garcia, e os concelleiros de Infraestruturas e Deportes, Daniel Ríos e Joshua Dopico.

Un dos temas tratados foi a recuperación e mellora do acceso á cala de Paredes en Boebre. “Desde a Demarcación xa están traballando na redacción deste proxecto”, explica Bernardo Fernández.

O concello obtivo tamén o compromiso da Demarcación de Costas “de colaborar con nós na construción dunha nova senda pola costa, desde a estación do ferrocarril ata a praia de Ber” engade o alcalde.

Ademais, “comprometéronse a tramitar ante o ministerio a desafectación e posterior cesión ao concello do aparcadoiro e a explanada da praia de Ber, e a desafectación do límite de demarcación na zona do porto de Pontedeume, remata Bernardo Fernández.

Lea también

Cofer presenta un informe sobre movilidad en la comarca que constata la falta de competitividad del tren a Coruña

La Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal (COFER), en el marco del convenio …