A aula de usos múltiples do Polideportivo Municipal de Cedeira acolle este mércores 13 de 18.00 a 20.00h, un “Taller de eficiencia enerxética e organizativa” para empresarios e autónomos.
A actividade é totalmente gratuíta e as persoas interesadas poden inscribirse enviando un mail a coruna@acelerapyme.asime.es
As persoas emprendedoras que asistan ao taller poderán coñecer ferramentas dixitais desde as que controlar, monitorear e xestionar en remoto aqueles equipos do seu negocio que consumen enerxía. É unha tecnoloxía que permite detectar as ineficiencias para corrixilas, controlar o gasto, dixitalizar operacións…
O taller estará tamén adicado á optimización da xestión dos almacéns a través dunha solución que reduce o tempo de procura e localización dos elementos almacenados e diminúe os erros ao colocar ou retirar os produtos.
A actividade será práctica e permite que a persoa interesada poida incorporarse en calquera momento no caso de que non poida asistir ás dúas horas do taller. É un programa impulsado con fondos Next Generation e enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia do Goberno