“Documenta Hórrea. Proxecto Magalofes” se inaugura este sábado 9 en Fene

fotografía de Xan Xe

A través das fotografías de Xan Xe, das creacións de Juan Sobrino, Andrea Pena, Verónica Garcia, Alejandro Coedo, Malena Carballo e dos alumnos e alumnas de Laudas Calamity; Coa carpintería de Antonio García, e comisariada por Laura Bouza, a imaxe do hórreo volve ser o centro da arte, a verdadeira realidade. 

Organiza a mostra Son Radiofusión, Laudas Calamity e Radio Fene coa colaboración do Concello de Fene, Deputación de A Coruña e da Asociación Veciñal de Magalofes. Os organizadores indican que “desde o punto de vista arquitectónico, o hórreo foi a dependencia máis importante da casa labrega, a de maior interese espacial e construtivo e na que se manifesta o sentido plástico e a fantasía. Constitúe, unha das achegas máis significativas á hora de conformar a paisaxe galega e un elemento peculiar da nosa xeografía”.

Hai un movemento (Rede Hórrea) que quere que se recoñezan os hórreos como patrimonio cultural inmaterial da humanidade. Lendas, ritos, traballos asociados e foliadas son parte da riqueza que rodea estas edificacións. Recibe nomes diferentes segundo as zonas e as súas feituras: cabaceira, cabaceiro, cabazo, canastro, canizo, celeiro, espigueiro, palleira ou piorno. 

Esta exposición arredor dos hórreos inaugurase este sábado día 9, ás seis da tarde na Asociación Veciñal de Magalofes, en Fene.

 

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …