Aberto en Narón o prazo de inscrición do curso “Comunicando en igualdade”

O Concello de Narón abre o prazo de inscrición nun novo curso convocado a través da Escola de Participación Cidadá de Narón. Así o anunciou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, que explicou que se trata da proposta “Comunicando en igualdade”, unha acción formativa de nivel básico de igualdade, comunicación e linguaxe non sexista.

A iniciativa, tal e como indicou a edil, terá lugar o vindeiro 14 de decembro, de 18:00 a 20:00 horas nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. “Este curso diríxese a entidades do concello interesadas en adquirir unha serie de ferramentas que lles permitan empregar unha linguaxe inclusiva na súa comunicación, tanto nas redes sociais como nos documentos oficiais”, apuntou Ameneiro.

A formación enmárcase no Plan de Igualdade municipal, no que se recolle como unha das liñas de acción o asesoramento ás entidades asociativas para a incorporación dunha linguaxe e imaxe igualitaria na súa comunicación interna e externa. As persoas interesadas en inscribirse, de balde, poden facelo a través da Escola de Participación Cidadá, no teléfono 603 86 54 13 ou a través do correo escolaparticipacion@naron.gal ou accede directamente ao formulario en i.gal/Escolaenigualdade.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …