El dragado de los puertos de Espasante y Ortigueira entra en fase de licitación

A Xunta de Galicia contempla nos orzamentos para 2024 actuacións plurianuais por importe de 2 millóns de euros para melloras nos portos de Ortigueira e Espasante, no municipio ortigueirés. Así o confirmou este lúns o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, nunha visita á zona na que explicou os proxectos portuarios previstos para ambas dársenas.

O titular de Mar, que estivo acompañado polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, explicou que os orzamentos da Xunta de Galicia recollen as actuacións demandadas polo sector portuario, como son as dragaxes de ambas dársenas e o balizamento da canle de acceso ao porto de Ortigueira.

En canto ás dragaxes, o proxecto máis avanzado é o de Espasante, solicitado pola Confraría de Pescadores e o Concello, e que se atopa en tramitación ambiental. Esta actuación ten un orzamento total previsto de 750.000 euros. En paralelo, a Consellería do Mar, a través de Portos, está a traballar na solución técnica definitiva para o tratamento dos materiais que resulten da dragaxe do porto de Ortigueira. Esta actuación ten previsto un investimento plurianual nos orzamentos de 1 millón de euros.

O conselleiro do Mar referiuse tamén ao proxecto de balizamento da canle de acceso ao porto. Alfonso Villares confirmou que esta actuación está tamén contemplada nas contas da Xunta para o vindeiro ano e seguintes cun orzamento plurianual de 250.000 euros. Actualmente vense de realizar unha batimetría dentro da fase de estudios previos.

Finalmente, o conselleiro anunciou que a Xunta procederá á instalación de 120 metros lineais de varandas no paseo do Malecón do porto de Ortigueira. Esta actuación completa a urbanización executada nos pasados meses na contorna dos departamentos de usuarios do porto, nos que a Xunta investiu 285.000 euros.

Para o alcalde Valentín Calvín, «o dragado destes Portos e unha demanda histórica e que supoñerá unha importante mellora no municipio»; O rexidor destacó que este é o resultado “de moitos meses de traballo, necesarios para dar unha resposta a unha demanda histórica dos nosos veciños e veciñas e converter esta actuación nunha realidade”.

 

 

 

 

Lea también

Se retiran 16 toneladas de residuos marinos de la ría de Ferrol

Los pescadores depositan los residuos que encuentran durante las labores de la pesca en un …