Narón subvencionará a promoción do comedor escolar de almorzos á ANPA As Aceas, do colexio de Piñeiros

O Concello de Narón acolleu el venres día 1, a celebración do pleno ordinario de finais de mes, no que se deu conta dunha resolución de Alcaldía, para aprobar unha modificación do Plan Estratéxico de Subvencións do Concello para o trienio 2021-2023.

Con cargo a esta contía incorporarase unha subvención municipal para a promoción do comedor escolar de almorzos á ANPA As Aceas, do colexio de Piñeiros. “Esta acción supón un paso máis nas políticas do goberno local para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral ás veciñas e veciños de Narón”, indicou tras rematar o pleno o voceiro de TEGA, Román Romero.

O edil explicou ademais que, tal e como consta no acordo, esta iniciativa contribuirá a mellorar a saúde infantil entre os menores de 3 a 12 anos no período matutino, creando hábitos de hixiene buco-dental, de inxesta de menús de almorzos equilibrados e fomentando habilidades relacionais por medio de xogos cooperativos.

No transcurso da sesión aprobouse de xeito inicial o inventario de vías da cidade, co fin de actualizar o existente e dispor dun documento administrativo que xestione a mellora da mobilidade local, conservación e promoción do patrimonio cultural e ofreza unha seguridade xurídica á veciñanza de cara ás delimitacións, tal e como se fixo constar na convocatoria.

Este inventario estará próximamente dispoñible de xeito telemático no corporativo de Narón. Como paso previo, o documento exporase ao público no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial da Provincia da Coruña para que durante 30 días se poidan presentar posibles reclamacións, e antes de sometelo a aprobación definitiva. Na sesión deuse conta dunha resolución de Alcaldía que contempla a ampliación da vixencia da aplicación da disposición transitoria segunda da ordenanza municipal reguladora das terrazas dos locais de hostalería.

Outro dos puntos da orde do día aprobados foi a modificación de integrantes no Consello Sectorial de Igualdade, concretamente pasado a formar parte do mesmo Marta Grandal, como membro da Asociación para o Desenvolvemento Cultural e Económico Xebra.

No apartado de mocións aprobouse por unanimidade a presentada polo BNG para a ampliación dos vestiarios de Río Seco e a creación dun proxecto xeral de mellora das instalacións, que o goberno local xa ten encargado, e outra sobre o arranxo das deficiencias do bowl de Piñeiros, para que a empresa adxudicataria das obras proceda a reparalas.

O PSdeG-PSOE presentou tamén unha moción para modificar a ordenanza xeral de subvencións do Concello, que respaldaron PP e BNG. Pola súa banda, o PP presentou unha moción para a mellora de aparcadoiros de proximidade na contorna das vivendas do Bispo que non se aprobou e outra con motivo da interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de ordenación integrada do litoral, aprobada polo Parlamento de Galicia o pasado mes de xullo que saíu adiante no pleno.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …