Álvaro Lamas, co seu proxecto Lost in Woodlands Photography, presenta novamente a súa exhibición titulada «Capturando a Natureza». Despois de percorrer varios lugares da área de Ferrolterra e Ortegal, a exposición estará aloxada desde o 4 de Decembro ata o 31 de Xaneiro no Ateneo Ferrolán, situado na Rúa Magdalena 202-204 en Ferrol, A Coruña.
Capturando a Natureza nos achega algúns dos lugares máis emblemáticos da comarca de Ferrolterra, Ortegal, a Mariña Lucense e as veciñas Asturias e Cantabria a través das imaxes do fotógrafo. Paisaxes dunha inigualábel beleza retratadas pola súa particular visión e interpretadas dunha forma única para esta exposición que cerra o un 2023 con moitos kilómetros percorridos. A mostra está composta por unha vintena de imaxes impresas en Aluminio Dibond de 50x75cm, un formato que se caracteriza pola sua gran definición, nitidez, calidade de imaxe e elegancia.
En palabras do propio autor, “Capturando a Natureza pode que sexa un título moi xenérico pero tamén representa a esencia mesma detrás do meu proxecto. Capturar aqueles lugares e paisaxes naturales que me sorprenden pola sua beleza, o seu explendor, a súa maxia ou o seu encanto. Nalgunhas ocasións se trata de grandes paisaxes con ruxientes fervenzas ou xélidos lagos de montaña que te deixan sen alento ou solpores en acantilados que dan un vértigo terrible. Sen embargo, noutras un diminuto cogumelo agochado tras unhas follas, pode significar o mundo enteiro e facer que pase media mañá no chan ata conseguir capturalo.”
Ademáis, nesta mostra haberá material que non foi exposto ata a data, ampliando así o seu proxecto fotográfico e a cantidade de obras que conforman a exposición. A Inauguración da Exposición Fotográfica será este lúns 4 de Decembro ás 19:00 horas no salón de Actos do Ateneo Ferrolán.