O BNG de Ferrol considera a Constitución un marco político superado

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol explicou que o BNG «non participou do acto institucional de conmemoración da aprobación da Constitución Española porque cada vez se fai máis evidente que a Constitución é un marco político superado e constrinxido que impide a nacións como a galega exercer de maneira plena a súa vontade, que salvagarda a unha institución anacrónica como a monarquía ou que consagra o pago da débeda como prioridade fronte a prestación de servizos básicos como a sanidade ou o ensino»

Por outra parte, o portavoz nacionalista indicou que «o relator escollido polo Partido Popular para este ano 2023 responde plenamente aos seus plantexamentos ideolóxicos, sendo unha personaxe belixerante e intolerante con alternativas políticas lexítimas como o nacionalismo e en concreto co BNG e que mesmo cuestiona os principios democráticos máis básicos cando se nega a aceptar maiorías parlamentarias que non son a súa porque acordan con todo o dereito propostas como a Lei de Amnistía»

Lea también

Affinor celebra en Ferrol el taller “lo que el entorno necesita saber”

En el marco de la iniciativa cafecito terapéutico “procesos en positivo”, conducido por la terapeuta …

Un comentario

  1. El comunismo sí que está superado y siguen en ello.