O pavillón de San Valentín acolle o XVIII Trofeo de Judo de Minikatas «Concello de Fene»

Quince clubs da bisbarra tomarán parte este sábado 2 de decembro, no XVIII Trofeo de Judo de Minikatas que organiza o Club Artes Marciais Fene coa colaboración da concellería de Deportes.

O encontro desenvolverase no pavillón da Xunqueira a partir das 10:30 horas e contará coa participación duns 300 judokas da comarca de Ferrolterra e da Coruña, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Os clubs e deportistas inscritos pertencen maioritariamente aos concellos de Fene, Ferrol, Narón, Cabanas, Pontedeume, Miño, A Coruña, Arteixo e Teixeiro

Neste torneo puntuarase a execución técnica do alumnado e as notas acadadas servirán para acceder ao pase de grado. Non haberá clasificacións nin entrega de trofeos, pero tódolos judokas levarán un agasallo consistente nunha mochila cunha camiseta e unha manualidade que realizarán eles mesmos con axuda do monitorado.

Os clubs e colexios inscritos no XVIII Trofeo de Judo de Minikatas “Concello de Fene” son os seguintes:

Fene: Escola Municipal de Judo
Ferrol: Colexios San Rosendo e Sagrado Corazon Madres Mercedarias
Narón: Utopia Fitness Club e AD Judo Ferrolterra
Cabanas: Escola Municipal de Judo
Pontedeume: Escola Judo Pontedeume
Miño: CPI Castro Baxoi
A Coruña: Ximnasio Fibra e colexios San Francisco, Salgado Torres, Wenceslao Fernández
Flores e Novo Mesoiro
Arteixo: Judo Club Arteixo
Teixeiro: CEIP Teixeiro

Lea también

Triatlón Ferrol, bronce por clubes masculinos en el Dúatlon Cidade de Lugo

En la categoría de veteranos 2, destaca la competición de Juanchi González Orozco. El equipo …