Uns 250 deportistas participan en Narón na fase final do Campionato galego de seleccións comarcais de fútbol sala

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presetou con Pablo Prieto e Abraham Yáñez, vicepresidente e delegado territorial respectivamente da Real Federación Galega de Fútbol Sala, a fase final do Campionato galego de seleccións comarcais de fútbol sala.

O evento disputarase o vindeiro 8 de decembro na cidade de Narón, nas instalacións do complexo deportivo da Gándara e do pavillón do CEIP da Solaina, e participarán uns 250 deportistas.

Durante a xornada, os integrantes de dez seleccións disputarán un total de quince partidos, que comezarán en horario de mañá ás 9:30 horas nas dúas ubicacións e cuxas finais se iniciarán a partir das 16:00 horas, tal e como avanzaron dende a RFGF.

Xogarán deportistas de cinco categorías: infantil masculino e feminino; alevín masculino e feminino e benxamín mixto, en total serán dúas semifinais por cada categoría e unha final en cada unha delas, tal e como explicaron.

O vindeiro 6 de decembro todas as seleccións galegas xogarán unha previa, da que se clasificarán catro para cada categoría.

Pablo Prieto agradeceu a boa disposición do Concello coa Federación Galega de Fútbol sala “porque sempre somos ben acollidos e sentímonos como na casa” e destacou a “capacidade de organización e apoio incondicional do Consistorio co deporte”.

Pola súa banda, o edil Ibán Santalla valorou o feito de que este campionato autonómico se dispute en Narón “un concello moi comprometido co mundo do deporte en xeral” e animou ós veciños a acudir a este evento para animar aos xogadores

Lea también

A pesar de las oportunidades el Tenerife vence al Racing en los últimos minutos (2-0)

  Carlox Román. Ya es bueno y digno de señalar, el que más de 400 …