A Deputación da Coruña analiza en Fene o estado de varias estradas

As deputadas de vías e obras, Mónica Rodríguez, e de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, Cristina García, visitaron o Concello de Fene, onde mantiveron unha reunión co equipo de goberno encabezado polo alcalde, Juventino Trigo e as concelleiras Sandra Permuy, Cristina García, Ángeles Coira e Manuel Polo.

A xuntanza serviu de punto de partida para iniciar os estudos para a posterior valoración económica e técnica de varias estradas. En concreto, trátase de tres actuacións, que xa foron anunciadas polo presidente da Deputación nunha visita anterior ao municipio.

A primeira é a ampliación da senda peonil na DP 3501 Limodre a Maniños, dende a Torre de Borrás a Barallobre. Os tramos de cada ampliación decidiranse segundo o resultado dos estudos técnicos.

A segunda, é a cesión do tramo urbano da DP 1503 de Perlío a Lavandeira de, aproximadamente, 600 m. ao concello de Fene. E, a terceira, a ampliación da senda peonil na DP 3503 de Maniños á estrada AC-121 en sillobre por San Marcos, dende o instituto de educación secundaria ata o cemiterio.

Deputación da Coruña e Concello coindidiron, así, na necesidade de levar a cabo estas actuacións, e acordaron a súa valoración previa para posteriormente levalas a cabo.

Lea también

Los trabajadores de Einsa Print en As Pontes convocan huelga indefinida tras el anuncio de ERE

El comité de empresa de Einsa Print en As Pontes (A Coruña), empresa dedicada a …