FeC traslada o seu apoio á Quenda de Oficio de avogados e procuradores

Ferrol en Común traslada o seu apoio á Quenda de Oficio de avogados e procuradores que o martes 21 iniciaron unha folga para reclamar melloras nos seus dereitos laborais e sociais.

«Este colectivo que conforma un servizo público esencial para garantir unha defensa e tutela xudicial efectiva das persoas que contan con menos recursos, reivindican non só melloras económicas senóntamén dereitos coma os permisos de maternidade/paternidade, permiso de enfermidade, conciliación familiar ou desconexión dixital»

«Así mesmo, demandan unha regulación xurídica da Quenda de Oficio e pasar da mutualidade á Seguridade Social»

Dende FeC «consideramos que todos estes dereitos laborais que se están a exixir deben ser defendidos para calquera traballador ou traballadora, polo que tamén apoiamos as demandas dos profesionais da avogacía e procuradoría, coma xa amosamos no Pleno de outubro»

«Lamentamos fondamente que a moción presentada nese momento non saíra adiantepolos votos en contra do Partido Popular que se pregou a intereses partidistas antes que a apoiar a un colectivo que precisa melloras na súa situación laboral para non cobrar xubilacións de 500 euros despois de prestar un servizo público»

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …