Unha das unidades móbiles para a inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase en decembro a Pedroso e O Val. A unidade ubicarase na zona do campo da festa de Pedroso na xornada do 11 de decembro, donde permanecerá operativa en horario de mañá e tarde, de 9.00 a 13.30 e dende as 15.15 ata as 18.00 horas.
A unidade móbil regresará á cidade, concretamente á parroquia do Val, o vindeiro 12 de decembro, permanecendo estacionada nas inmediacións da Cooperativa do Val, onde estará operativa dende as 9:00 ata as 13:30 horas.
As persoas interesadas en acudir poden solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web: www.sycitv.com.