O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol defenderá no pleno municipal que se celebra este xoves 30 unha iniciativa en relación coa situación que vive o transporte público na cidade «como consecuencia das obras que se están a producir na cidade co obxectivo de que se reorganice o servizo en cordenación co movemento veciñal para adoptar medidas que melloren o transporte público tanto en horarios como en servizos«
Iván Rivas, portavoz do BNG, sinalou que «a situación do transporte público por estrada na cidade atópase cada vez con máis problemas nunha situación máis precaria mentres o goberno local mantén unha actitude totalmente pasiva ao respecto»
O BNG sinala que «as obras da avenida das Pías, principalmente, están a afectar de xeito directo ao transporte público na cidade ao vérense afectadas as liñas tanto no seu percorrido, e nos seus horarios e provoca desconcerto entre os usuarios e sen que as medidas propostas consigan solventar esta situación»
O BNG considera que «non é de recibo esta forma de proceder e que se deberían artellar formas de cordenación e información entre os responsábeis dos traballos, a veciñanza e as responsabeis municipais coa finalidade de estabelecer medidas para mellorar o servizo público na cidade e que este se cumpra a súa función que é o de mellorar a mobilidade dos veciños da cidade»