Preto de cen arqueiros participan no “XVIII Trofeo de tiro con arco en sala Cidade de Narón”

O edil de Deportes de Narón, Ibán Santalla, presentou xunto con Anxo Grandal e Víctor Matesanz, vicepresidente e tesoureiro respectivamente do Club Arco Narón, a décimo oitava edición do “Trofeo de tiro con arco en sala Cidade de Narón”.

Preto dun centenar de arqueiros chegados das catro provincias galegas participarán nesta convocatoria, tal e como indicaron, que se desenvolverá este sábado 25 de novembro nas instalacións do pavillón municipal Campo da Serra.

Dende o club local indicaron que esta será a primeira ocasión na que se convocarán en Narón dúas novas categorías, unha para persoas con deficiencias visuais, na que participarán dúas persoas do club naronés e outra dun de Valdoviño, e outra de persoas con deficiencias intelectuais, con dúas persoas participantes tamén do club naronés. Grandal indicou que participará tamén na convocatoria o arqueiro pontés Miguel Alvariño, “mellor arqueiro de España de todos os tempos con moita diferencia”.

Os participantes convocados, pertencentes a quince clubs galegos, representarán a todas as categorías, dende os 9 ata os 70 anos, nesta ocasión.

Os menores tirarán dende unha distancia de 12 metros, se ben o resto faráo dende 18. O torneo disputarase en horario de mañá e tarde, a partir das 9:30 e dende as 15:00.

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, destacou o labor do club Arco Narón “e o voso exemplo no mundo da inclusión no ámbito deportivo, moi importante e esencial na nosa sociedade”. O edil desexoulles moita sortea os deportistas locais e animou aos integrantes do club local a continuar traballando como nos últimos anos “para que Narón continúe ofrecendo o mellor do deporte nas diferentes modalidades”.

Lea también

El 50 aniversario del fútbol sala en Ferrol se celebra con una muestra de 500 fotografías

Estará abierta al público de 23 de diciembre a 24 de enero en la sala …