BNG de Narón reclama a convocatoria da Xunta do Padroado de Deportes para poder avanzar nesta área

O BNG de Narón reclama «a convocatoria da Xunta do Padroado de Deportes do concello para poñer en común todo o traballo a avanzar nesta área de traballo municipal«

A través dun comunicado o BNG de Narón afirma que «seis meses pasaron xa da constitución dos novos gobernos municipais e, o BNG de Narón, reclama de maneira urxente que se convoque a xunta de padroado de deportes» «Valorar os convenios con entidades, clubs e asociacións; cesións de espazos deportivos a diferentes entidades e solicitudes; e información de futuros investimentos son algúns dos temas que, as nacionalistas, consideran importantes tratar na Xunta»

“Tense que convocar para tratar abertamente diferentes temáticas e problemas e, se non funciona este método, convocar unha asemblea de todas as entidades deportivas de Narón para que se poidan expresar publicamente quen máis coñece as necesidades do seu deporte” indica Bea Mosquera, concelleira do BNG e membro do Padroado de deportes.

Só dúas xuntanzas en catro anos do anterior mandato

O BNG de Narón criticou no anterior mandato que «só se fixeran dúas xuntas do padroado de deportes: unha constitutiva e outra ao final de mandato por petición tamén das nacionalistas»

Ademais, reclamaran no 2020 en pleno (antes da aprobación dos estatutos do padroado), que «as xuntanzas fonse asembleas abertas con clubs, entidades e asociacións deportivas e non como plantexaba o goberno».

“Un instrumento como o padroado de deportes ten que ser dinámico, participativo e ser un lugar de escoita activa por parte do goberno municipal” afirma Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

Se adxuntan as declaracións de Olaia Ledo

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …