Últimos días en Narón para inscribirse na “Marcha pola Igualdade contra a violencia de xénero”

As persoas interesadas en asistir este sábado 25 en Narón á “Marcha pola Igualdade contra a violencia de xénero” deben anotarse ata este mércores 22, incluído, a través do correo electrónico: p.deportes@naron.gal.

Así o recordou a edil de Igualdade, María Lorenzo, que explicou que a través dese mail deben indicar o nome e apelidos da persoa que acudirá, o seu DNI, a data de nacemento e o xénero, así como informar se teñen algunha discapacidade co fin de que se planifiquen os apoios persoais necesarios, no caso de que fosen oportunos.

A “Marcha pola Igualdade contra a violencia de xénero” será ás 17:00 horas, momento no que as persoas que acudan sairán do parque do río Freixeiro cara ao quilómetro 100 do Camiño Inglés, no paseo marítimo de Xuvia.

En total, coincidindo co Día Internacional contra a Violencia de xénero, percorrerán un tramo duns cinco quilómetros. Dende o Concello animouse ós veciños a unirse a esta iniciativa, para amosar unha vez máis a total repulsa e rexeitamento á violencia de xénero.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …