Unha unidade de ADOS desprázase a Narón

Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este martes 21 e o mércores 22 á cidade de Narón

A unidade estará operativa estas dúas xornadas nas inmediacións do novo centro de saúde, dende as 15.30 ata as 21.00 horas, tal e como anunciaron dende ADOS. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento.

Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos. Para solicitar máis información sobre a campaña pódese chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

Lea también

Axenda en Narón do 11 ao 13 de outubro

Venres 11 de outubro de 2024 Actividade: Espectáculo de narración oral » Faros«;  Ás 20.30 …