A piscina da Gándara acollerá o sábado 18 en Narón a cuarta edición do “Programa Amazonas”

O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Javier Campos, presidente da Federación Galega de Tríatlon e Arantxa Rivas, do Club Náutico Narón, a cuarta edición do Programa Amazonas, impulsado pola Fegatri en colaboración co Concello, a Xunta de Galicia e a Federación Española de Triatlón (Fetri). A cita deportiva terá lugar este sábado na piscina do pavillón polideportivo da Gándara.

O edil naronés indicou que participarán na convocatoria vinte e cinco mulleres, ao estar dirixida a deportistas femininas das categorías infantil, cadete e xuvenil e tamén a adestradoras con licenza Fegatri. O encontro comezará ás 16:30 horas e o remate está previsto para as 18:30 horas. As participantes poderán traballar, tal e como se indicou dende a organización, aspectos técnicos e tácticos, carreira a pé e natación. O presidente da Fegatri agradeceu “o apoio do Concello de Narón ao deporte feminino”.

Así mesmo, Santalla destacou o gran número de deportistas da cidade que practican a día de hoxe diferentes modalidades deportivas e tamén valorou ás adestradoras e directivas de entidades deportivas “que a día de hoxe contribúen a enriquecer o tecido deportivo da nosa cidade”.

Lea también

Los carteles de la Semana Santa de Ferrol desde que obtuvo la distinción de Fiesta de Interés Turístico Internacional se exponen en Odeón

El Centro Comercial Odeón continúa apoyando la promoción de la Semana Santa de Ferrol, después …