Cerdido celebra su VII Pleno Infantil Municipal en colaboración con Unicef

O Concello de Cerdido, en colaboración con Unicef, convoca o vindeiro luns, 20 de novembro, o VII Pleno Infantil Municipal, que terá lugar ás 11:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello. Unha representación de escolares de todos os cursos do CEIP A Barqueira serán os encargados de expoñer e debater coa Alcaldía as peticións, propostas e conclusións que previamente foron traballadas na escola.

Esta iniciativa forma parte das accións que se realizan para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos na Infancia, celebrado ese mesmo día. A Convención sobre os Dereitos do Neno recolle a necesidade de dar a nenos e nenas a oportunidade de ser escoitados en todos os procedementos sociais que lles afecten, e alude ao dereito á liberdade de expresión da rapazada.

Segundo indica o rexedor, Alberto Rey, “é unha boa forma de ensinar aos pequenos e pequenas os valores democráticos desde idades temperás e serve, tamén, como primeira toma de contacto coa política, algo que irán aprendendo no futuro”. O rexedor sinalou tamén que “aproveitamos este encontro para ensinarlles o funcionamento e a estrutura do Concello para que se vaian familiarizando con esta institución”.

Lea también

Absuelto un cultivador de marihuana de Ortigueira al no acreditarse que las plantas estuvieran destinadas al tráfico

La Sección Segunda de la Audiencia Provincial de A Coruña ha confirmado la absolución de un vecino de Ortigueira que cultivaba …