Narón presenta su programación polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presentou xunto cos edís de Igualdade, María Lorenzo, Ensino e Bibliotecas, Olga Ameneiro e Deportes, Ibán Santalla, os actos que se levarán a cabo na cidade con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

A rexedora local indicou que a primeira das propostas é un obradoiro de autodefensa feminina que este sábado 18  e o vindeiro, en horario de 10:00 a 13:00, se impartirá nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. Ferreiro destacou a elevada participación nesta iniciativa, con sesenta naronesas que realizarán o curso e obterán un diploma ao remate do mesmo.

Así mesmo, a partir do vindeiro luns, día 20, e ata o 2 de decembro poderase ver na Biblioteca central do Alto a mostra “Valentes: loitadoras contra a violencia de xénero”. A exposición constará dunha serie de libros e material audiovisual no que destacarán as mulleres que históricamente visibilizaron a loita contra a violencia de xénero, promovendo así a concienciación social sobre este problema. As persoas que desexen ver a mostra poderán facelo de luns a venres en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 e tamén os sábados pola mañá, dende as 10:00 ata as 13:00 horas.

Na xornada do mércores 22 a Axencia de Lectura municipal da Gándara acollerá unha sesión de xogos de mesa de temática feminista, “Iguales”. Será dende as 17:30 ata as 18:30 horas e diríxese a nenas e nenos a partir de 4 anos, que poden reservar praza na Biblioteca. Tamén ese día na Ludoteca municipal da Solaina se programou un obradoiro de camisetas para menores de entre 7 e 12 anos. Dende as 16:00 ata as 19:00 horas os participantes decorarán as súas camisetas cun texto ou unha imaxe que exprese o rexeitamento á violencia machista.

O Centro Comunitario Manuela Pérez acollerá o día 24 unha charla das unidades de atención á familia e á muller da Policía Nacional, aberta á asistencia da cidadanía en xeral e que dará comezo ás 17:00 horas. O programa deseñado dende o Concello recolle outras dúas propostas para o día 24, novos xogos de temática feminista para menores a partir de 7 anos na Axencia de Lectura da Gándara, de 17:30 a 18:30 horas –para o que xa se pode reservar praza-.

Finalmente, o venres 24 a Ludoteca municipal acollerá o contaconto “O chuvasqueiro de Aurora”, para nenas e nenos de 3 a 6 anos, que terán a oportunidade, entre as 17:00 e as 18:00 horas, de ver a escenificación dun conto escrito por María Márques e de elaborar nun chuvasqueiro violeta unha mensaxe contra a violencia.

O propio 25 de novembro, tal e como avanzou Ferreiro, terá lugar un contacontos para público infantil, “Diagnosticando a Igualdade”. A cita será ás 11:00 horas na Biblioteca central do Alto e diríxese a menores a partir de 4 anos e as súas familias. Este espectáculo de Contos Caxoto repasa a nosa tradición oral á busca dos contos nos que quedou reflexada a relación entre sexo feminino e o masculino para contrapoñelo aos nosos días. As persoas interesadas en acudir –a capacidade da sala é limitada- deberán anotarse a partir do vindeiro martes, día 21, ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos da Biblioteca ou chamando ao teléfono 981 382 173.

Como acto final desta xornada, ás 17:00 horas haberá unha Marcha pola Igualdade contra a violencia de xénero, dende o parque do río Freixeiro ata o quilómetro 100 do Camino Inglés, no paseo marítimo de Xuvia. As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 22 no correo: p.deportes@naron.gal.

“Queremos animar ás veciñas e veciños a participar nestes actos pensados para persoas de todas as idades, co fin de continuar implicando ao conxunto da sociedade para loitar contra esta lacra social, que urxe accións e medidas contundentes para a súa tan necesaria erradicación”, apuntou Ferreiro.

Lea también

Los carteles de la Semana Santa de Ferrol desde que obtuvo la distinción de Fiesta de Interés Turístico Internacional se exponen en Odeón

El Centro Comercial Odeón continúa apoyando la promoción de la Semana Santa de Ferrol, después …