San Sadurniño organiza un obradoiro de escritura con perspectiva de xénero

O día 25 de novembro se reivindica a eliminación da violencia contra as muller. A concellaría de Igualdade do Concello de San Sadurniño organiza un obradoiro de Tempos para Compartir que nesta ocasión terá como tema principal a escritura creativa con perspectiva de xénero.

Versará sobre técnicas para redactar textos cunha linguaxe inclusiva e igualitaria, ademais de ver fórmulas que nos axudarán a expresar os nosos sentimentos de maneira imaxinativa e reflexionando ao mesmo tempo sobre a desigualdade de xénero, as violencias exercidas contra as mulleres e nenas, a igualdade, a xustiza, a fortaleza e a construción dunha historia tamén en feminino.

Para este Tempos…, que terá lugar o propio sábado 25 na Casa da Xuventude entre as 18:00 e as 20:00h, contaremos coa colaboración de María Pilar Hermosa, veciña de Lamas e escritora con ampla experiencia dirixindo clubes de lectura, ofrecendo sesións de contacontos, e demais actividades relacionadas co mundo da literatura.

As prazas son limitadas e iranse cubrindo por orde de solicitude a través do correo oriana.lopez@sansadurnino.gal ou chamando polas mañás ao 695 876 178.

Ademais deste obradoiro, a programación municipal co gallo do Día Internacional da eliminación da violencia contra da Muller tamén inclúe, o venres 24, Contos pola Igualdade para a rapazada da EIM A Rolada e unha xuntanza do grupo do proxecto O Lavadoiro coas persoas usuarias do Centro de Día.

O luns 27, as facilitadoras do Lavadoiro tamén visitarán en Santiago o Centro de Recuperación Integral para Vítimas da violencia de xénero, co obxectivo de coñecer a fondo este recurso e como funciona

Lea también

Los tres finalistas del Concurso Intl de Piano Ciudad de Ferrol actúan en el auditorio

La organización del XXXIV Concurso Internacional de Piano Ciudad de Ferrol ha comunicado el nombre …