Ares acollerá un faladoiro sobre o cancro de mama o xoves 30 de novembro

A Concellaría de Cultura, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro en Ares, vén de informar sobre a súa próxima actividade: o faladoiro de Luis Felipe Sánchez Cousido, facultativo especialista en oncoloxía médica no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), xunto a Lucía Barcia Umbón, psicóloga na Asociación Española Contra o Cancro, arredor do cancro de mama e o seu impacto, baixo a campaña “Falando de cancro de mama. Afrontando o diagnóstico”.

A charla realizarase o próximo xoves 30 de novembro, ás 18.00 horas nas instalacións da biblioteca municipal Alianza Aresana. Segundo apuntan desde a área de Cultura, a entrada é totalmente de balde e contará con acceso libre, sen necesidade de reserva previa por parte das persoas interesadas no evento.

Lea también

La Xunta financia siete proyectos de embellecimiento turístico del litoral en Ferrolterra y Ortegal

La Xunta de Galicia impulsa, con cerca de 390.000 euros, siete proyectos de embellecimiento turístico …