O centro cívico social do Alto en Narón acolle a charla “Toponimízate”

A concelleira de Política Lingüística do Concello de Narón, María Lorenzo, informou que o vindeiro 1 de decembro se celebrará no Centro cívico social do Alto unha charla da Real Academia Galega, “Toponimízate”, impulsada dende a propia RAG e a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello.

A edil naronesa avanzou que Vicente Feijoo, coordinador técnico do Seminario de Onomástica da RAG, será a persoa encargada de impartir a charla a partir das 19:00 horas.

O valor da riqueza toponímica, a importancia da súa recolleita, protección e difusión, o significado de diferentes topónimos do Concello de Narón ou o funcionamento da plataforma Galicia Nomeada, unha aplicación colaborativa para implicar á cidadanía na recolleita xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega, son algúns dos temas que se abordarán na convocatoria.

O programa “Toponimízate, Falámosche dos nomes da túa terra” chega a Narón a través da Rede de Dinamización Lingüística, unha asociación da que forma parte o Concello dende o ano 2017 e que congrega a entidades con competencia na promoción do uso da lingua galega no ámbito local a edil naronesa destacou precisamente a implicación do Consistorio naronés na colaboración para a salvagarda da toponimia galega, polo que animou a acudir á charla a todas as persoas interesadas, ata completar a capacidade da sala.

A concelleira de Política Lingüística de Narón será a persoa encargada de presentar a Vicente Feijoo ao inicio do acto.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …