Ares inicia as actuacións de modernización e mellora na rede de abastecemento de auga potable

O Concello de Ares, co obxectivo de mellora constante dos servizos municipais e a eficiencia no uso de recursos, deu inicio esta semana a un importante proxecto de modernización e mellora na rede municipal de abastecemento de auga potable. As actuacións iniciadas enfócanse en eliminar as perdas de auga, optimizar a xestión do recurso e garantir unha subministración eficiente e sostible para todos os habitantes do municipio.

Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, expresou que “nun esforzo continuo por mellorar a calidade de vida dos veciños de Ares, o Concello implementou diversas iniciativas para elevar a calidade dos servizos esenciais, tanto nas áreas urbanas como rurais do municipio. Neste contexto, púxose en marcha este proxecto destinado a modernizar a rede de abastecemento de auga potable, incorporando elementos de telemetría e control que permitirán unha xestión máis eficaz do recurso”.

O proxecto inclúe a instalación de contadores de auga conectados a un sistema de telemetría que supervisará os caudais, as presións e detectará posibles fugas. Esta tecnoloxía avanzada permitirá a vixilancia en tempo real da rede, o que facilitará a sectorización e o seguimento do consumo xeral, garantindo un servizo de calidade e eliminando as perdas de auga.

As zonas de actuación inclúen a avenida de Redes, rúa Irmáns Bugallo, rúa San Xosé e avenida Federico García Expósito. As obras nestas áreas comprenden diversos traballos previos, incluíndo a conexión de redes de tubaxes de presión, fresado do pavimento, escavacións en pozos/arquetas e recheo localizado. Ademais, instalaranse compoñentes esenciais como válvulas de comporta, manguitos de unión, filtros, contadores mecánicos de auga e equipos de telemetría para a vixilancia continua de caudais e presións, así como a detección de fugas. Estes equipos, deseñados especificamente para o control de sistemas hídricos, ofrecen características como estanqueidad IP68 reforzada, autonomía de ata 10 anos e comunicación a través de Bluetooth, entre outras vantaxes.

A obra civil complementaria incluirá a construción de arquetas de rexistro e a reposición do firme, asegurando que as melloras non só sexan funcionais senón tamén estéticas. O orzamento para estas actuacións ascende a 49.999,98 euros (con IVE) e será financiado mediante unha subvención outorgada pola Dirección Xeral de Administración Local por un importe de 46.000 euros, proveniente da liña de axudas destinadas a investimentos para a modernización e mellora das redes de abastecemento municipal.

Estímase que o prazo de execución das obras será de tres meses.

Lea también

La mejor danza contemporánea de Galicia llega al entorno del albergue de Neda

Con la atención puesta en el tiempo, el Ayuntamiento de Neda ultima los preparativos para …