Convocado un curso de “Edición de imaxes con GIMP” na Aula Cemit de Xuvia-Narón

O concelleiro de Novas Tecnoloxías do Concello de Narón, Román Romero, recordou que continúa aberto o prazo de inscrición nun curso de “Edición de imaxes con GIMP”, que se desenvolverá nas instalacións da Aula Cemit de Xuvia. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través da plataforma Cemit, no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/43003.

O edil naronés informou que se ofertan un total de doce prazas e que o curso consta de 60 horas, que se impartirán do 9 ao 30 deste mes en horario de tarde, de 16.00 a 20.00. Trátase dunha acción formativa de carácter presencial sobre a temática de audio, imaxe e vídeo.  O alumnado aprenderá técnicas básicas para retocar e restaurar imaxes, redimensionalas, deseñar logos… a través deste software de edición de imaxes libre pensado como editor de fotografías e outras imaxes dixitais.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …