A Compañía Titzina Teatro trae este sábado día 4 a obra «Buho«, ao Pazo de cultura de Narón . Con idea, creación, dirección e interpretación de Diego Lorca e Pako Merino.
«Pablo, un antropólogo forense especializado en xacementos paleolíticos, sofre un ictus que lle provoca unha amnesia grave. Asistimos a unha procura interior pola súa memoria, os seus recordos e, en definitiva, a súa identidade». Cunha dramaturxia baseada nun longo proceso de documentación, Titzina acompañou a persoas reais que transitan diariamente na profundidade: espeleólogos, antropólogos forenses especializados en arte rupestre, Mossos de Esquadra da unidade do subsolo e exploradores urbanos ilegais, así como neuropsicólogos e pacientes do Institut Guttman para a rehabilitación da memoria. As súas experiencias e coñecementos constrúen esta ficción teatral.
Formando parte deste proxecto teatral figuran tamén, Rocío Peña na escenografía, Jordi Thomàs na iluminación, Ona Grau no vestiario, Jonatan Bernabeu e Tomomi Kubo na música e sonido, Albert Ventura e La Forja del Vallès na construción da escenografía, Joan Rodón no video, Quim Cabeza na fotografía, Isabel Bonilla no diseño, lbert Anglada na dirección técnica e Luz Rondón na producción.
A función será ás 20.00 horas e os prezos son de 6,65 € para abonados, 9,50€ para o público en xeral: 9,50 € e de 6,65 para desempregados – carnet xove o estudiante ( ata 25 anos ).