As Pontes traballa coa organización hondureña “Sur en Acción” nun proxecto de cooperación internacional

A Concelleira de Igualdade, Tania Pardo mantivo, esta semana, unha reunión de traballo con catro representantes da organización hondureña “Sur en Acción”, no marco dun proxecto de Cooperación Internacional co que o Concello de As Pontes está a colaborar a través do Centro de Información a Muller (CIM).

Acompañados por técnicas das entidades Solidariedade Internacional de Galicia, Solida e Solidariedade Galega; Mario Pinel, director da organización Sur en Acción; Luis Gutiérrez, técnico de proxectos; Belkis Díaz, responsable administrativa; e Wilson Galo, técnico de xestión do coñecemento; afondaron en diversos aspectos dun proxecto que predente contribuír a mellorar a calidade de vida de máis de 7.000 persoas en 17 comunidades do Municipio San Marcos de Colón, en pleno Corredor Seco centroamericano, a través do fortalecemento do sistema de saúde do municipio, do incremento da seguridade alimentaria da poboación e a defensa dos dereitos das mulleres.

O Concello de As Pontes está a participar desta proposta a través dun intercambio de experiencias entre o CIM e a Oficina Municipal da Muller de San Marcos de Colón co fin de fortalecer as capacidades do municipio hondureño na loita contra as violencias machistas a partir da ampla experiencia do centro de As Pontes.

Nestes últimos meses, mantivéronse reunións virtuais e presenciais entre as dúas institucións municipais co obxectivo de coñecer a realidade das mulleres de cada territorio, o traballo que realiza cada institución e analizar as posibles liñas de apoio.

Lea también

La Diputación de A Coruña impulsa un nuevo modelo de residencia de mayores, con la primera en As Pontes en 2028

Las obras de la nueva residencia de mayores ‘Pardo Bazán’ de As Pontes impulsada por …