A décimo sexta edición do Certame Galego de bandas de música, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, estase a celebrar esta fin de semana no Pazo da Cultura de Narón.
As bandas interpretarán un pasodobre de presentación e, xa en concurso, unha obra de libre de elección e outra de autoría galega proposta pola organización. As obras obrigadas desta edición son as seguintes:
-Sección primeira: Raiolas, de Artur Silveiro García.
-Sección segunda: Metamorfose sobre o Himno Galego, de León Durán
-Sección terceira: Sentimentos, de Francisco José Villaescusa López.
-Sección xuvenil: Xoaniña, de Gerardo Israel Quintas Alonso.
-Sección infantil: Mitos galegos, de Frank J. Cogollos Martínez.
As bandas participantes nesta ocasión son:
- BANDA DE MÚSICA DE CALDAS DE REIS
- BANDA DE MÚSICA DE ARZÚA
- AGRUPACIÓN MUSICAL DE LIMIA
- BANDA DE MÚSICA DE SANTÁDEGA
- BANDA DE MÚSICA POPULAR DE TUI
- BANDA DE MÚSICA DE LOURENZÁ
- BANDA DA ASOCIACIÓN MUSICAL HARMONIA DE PARLA
- SINFÓNICA XUVENIL MAESTRO LUPI DE BENAVENTE
- BANDA INFANTIL – XUVENIL ACM SEMENTEIRA
- BANDA INFANTIL LIRA DE SAN MIGUEL DE OIA
- CHICKIBAND DE LIMIA
A sesión desta tarde dará comezo as 16.00 horas e a entrada é de balde.