A praza de Galicia acollerá en Narón o acto central do Día Internacional das Bibliotecas

A Praza de Galicia de Narón acollerá a celebración, mañá sábado día 28, o acto central programado dende o Concello para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas. En horario de mañá e tarde sucederanse, baixo unha carpa instalada na zona, unha serie de propostas pensadas para todo tipo de públicos, tal e como recordou a concelleira responsable da área de Bibliotecas, Olga Ameneiro.

Ás 11.30 comezará a programación cun obradoiro para bebés (0 a 3 anos) “Carapuchiña vermella e os cinco lobiños”, a cargo da lucense Ángeles Goás e con música de Cristina Castro. A continuación, sobre as 12.00 horas, dará comezo a segunda das propostas matinais, o contacontos infantil (a partir de 2 anos) “Os contos do traxugas”, de César Nó protagonizado por un raposo, unha gata e moitas sorpresas. Pola tarde, ás 17.00 iniciarase un obradoiro –para o que había que inscribirse previamente- de maxia co Mago Noel (para menores de 6 a 10 anos) e ás 18.30 horas o espectáculo de maxia (para todos os públicos) “Que curioso!”, protagonizado tamén por este mago e ilusionista pontevedrés.

A edil naronesa animou ás veciñas e veciños a achegarse á Praza de Galicia para desfrutar da programación e celebrar conxuntamente unha data tan especial como o Día Internacional das Bibliotecas, que se conmemora cada 24 de outubro.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …