Minuto de silencio ante o Concello de Narón en repulsa do crime de Elisa Abruñedo

O voceiro do goberno local de Narón, Román Romero, presidiu este venres 20 ás 12.00, a concentración convocada ante o Consistorio na que se gardou un minuto de silencio en condena do crime de Elisa Abruñedo, unha veciña de Cabanas violada e asasinada hai dez anos por Roger Serafín Rodríguez, residente en Narón dende hai uns anos e autor confeso do crime.

No transcurso da convocatoria, á que acudiron representantes da corporación local e persoal do Concello, gardouse un minuto de silencio en repulsa da violencia e como mostra de solidariedade coa familia e amizades da vítima. O voceiro do grupo de goberno e os edís da corporación local portaron unha pancarta co lema: “Contra a violencia de xénero”.

Dende o Consistorio destacouse o labor da Garda Civil e do resto de persoal que durante todos estes anos continuou desenvolvendo o seu labor para esclarecer este asasinato.

Lea también

Narón conmemora o Día Internacional da muller e da nena na ciencia

O Día Internacional da muller e a nena na ciencia conmemórase cada 11 de febreiro. …