A feira de fungos e cogomelos das Pontes chega a súa XXXIII edición

A Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes celebra, a vindeira fin de semana, a súa XXXIII edición cun programa de actividades no que destacan as propostas micolóxicas, gastronómicas e culturais. A través desta cita, imprescindible no calendario de outono das Pontes, o Concello busca poñer en valor os produtos do monte e as súas potencialidades, centrándose no seu aproveitamento gastronómico e no seu papel como motor económico e como elemento impulsor do turismo.

A celebración comezará o sábado, 28 de outubro, ás 08:00 horas cunha saída micolóxica ao monte na que se amosará ás persoas participantes distintos hábitats e os fungos e cogomelos que viven neles. Ás 10:00 horas dará comezo, nunha carpa situada na Rúa Alexandre Bóveda, o mercado de produtos no que o público asistente poderá adquirir fungos e cogomelos, produtos alimentarios de tempada e produtos de artesanía, entre outros. O mercado estará aberto o sábado ata ás 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas e volverá abrir as súas portas o domingo,das 10:00 horas ata as 19:00 horas, en horario ininterrumpido.

Na Rúa Ramón Cabanillas, durante toda a fin de semana, sábado de 10:00 a 14:00 e e 16:00 a 19:00 horas e o domingo de 10:00 a 19:00 horas, haberá unha zona destinada á artesanía na que o público poderá participar en actividades dirixidas pola Asociación Amigos da Madeira das Pontes. Para o público máis novo, no solar de Don Pedro, no mesmo horario,haberá un espazo con xogos xigantes e tradicionais. A xornada do sábado rematará co concerto de Burning no patio do Colexio Santa María, ás 21:30 horas, precursores de todo o rock and roll patrio, e sobreviventes a máis de 3 décadas nos escenarios.

A xornada do domingo comezará ás 09:00 horas, na carpa instalada no Patio do Colexio Santa María, coa recepción das persoas participantes no concurso de cestas da Feira de Fungos e Cogomelos. O fallo do xurado coñecerase sobre as 11:30 horas e repartirase un 1o premio de 400 euros, un 2o premio de 200 euros, un 3o premio de 150 euros, un 4o premio de 100 euros e un 5o premio de 75 euros. Ademais haberá un premio especial xuvenil valorado en 75 euros e un premio especial de 400 euros. A continuación, ás 12:00 horas, farase entrega dos premios do concurso de carteis , convocado entre o alumnado de Educación Infantil e Primaria do municipio, e que serve para ilustrar a edición deste ano. Ás 12:30 horas dará comenzo un showcooking, aberto á participación do público, na que os fungos e os cogomelos serán os principais ingredientes en diferentes propostas culinarias.

A partir das 13:30 horas, ao igual que nas edicións anteriores, veciñanza e persoas participantes poderán probar un menú degustación, composto por dous pratos e unha sobremesa. O prezo do menú será de 15 euros. Os tíckets estarán á venda, a partir das 12:30 horas, nunha caseta instalada á entrada do patio do Colexio Santa María. A xornada da mañá estará amenizada pola Charanga BB+ que encherá de música ás rúas do centro urbano, a partir das 12:00 horas

A XXXIII edición da Feria de Fungos e Cogomelos rematará ás 19.00 horas, no Auditorio Municipal Cine Alovi co monólogo Stand Up de Danny Boy; unha miscelánea de rutinas humorísticas que conforman unha contundente oda ao inconformismo. As entradas están a venda en https://aspontes.sacatuentrada.es/

Lea también

As Pontes retoma a campaña “Non as fagas invisibles. AFINA A MIRADA”, polo 25N

O Concello das Pontes dálle continuidade á campaña de sensibilización “Non as fagas invisibles. AFINA …