O Pazo de Narón acollerá esta finde “La comedia de los errores” e o espectáculo de danza “Natanam”

 

“La comedia de los errores”

O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dous novos espectáculos da programación do Padroado para o último trimestre do ano. A primeira das citas será este sábado, día 7, cando se poderá ver a peza “La comedia de los errores” (20.00 horas), de algo máis de hora e media de duración. Na xornada do domingo 8 será o turno da danza contemporánea, co espectáculo “Natanam” (18.00 horas), de case unha hora.

“La comedia de los errores” é unha proposta que xorde en torno a que é a verdade, comezando cunha sentenza de morte para a continuación convertirse todo nunha festa por erro. Actores como Pepón Nieto, Fele Martínez ou Víctor Clavijo forman parte do elenco desta peza, dirixida a público adulto e que é unha coprodución do Festival de Mérida, Mixtolobo e Pentación
Espectáculos.

A segunda das propostas desta fin de semana é “Natanam”, da compañía DA. TE Danza, un espectáculo de danza contemporánea con dous amigos como intérpretes, Raúl Durán e María José Casado, que se atopan nunha sala de xogos e reflexionan sobre onde van as cousas que desaparecen, conversando sobre o mundo e as persoas. A peza diríxese á primeira infancia (a partir de 6 meses) e público familiar.

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na
web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …