Ronda de contactos en Narón para analizar a problemática das moscas no Val

 
A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, presidiu a Comisión informativa sobre a problemática das moscas na parroquia do Val, un organismo que se acordou constituír no pleno do pasado mes de xuño e integrado polo Consistorio, a AVV Os Irmandiños do Val e representantes da administración autonómica
 
En representación da Xunta estiveron presentes a delegada territorial, Martina Aneiros e o xefe do servizo de Saúde ambiental da Dirección Xeral de Saúde Pública, Manuel Álvarez Cortiñas e Francisco José Malvido, xefe da sección e Sanidade ambiental da Xefatura territorial de Sanidade na Coruña, se ben por parte do Concello acudiron tamén o edil de Sanidade e Medio Ambiente, Manuel Ramos, en representación de TEGA e, na dos outros grupos políticos da corporación: Gonzalo Iglesias (PP), Olaia Ledo (BNG) e Silvia de Arriba (PSOE), así como a presidenta da AVV “Os Irmandiños” do Val, Manoli Castro.
 
Convidouse tamén inicialmente á convocatoria, na que rexeitaron participar, a representantes da delegación do Goberno en Galicia e das consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, por entender que a gravidade e alcance do problema é tal que precisa do traballo conxunto das administracións.
 
Dende o goberno local indicouse que o Concello porase en contacto coa universidade e empresas especializadas para analizar a problemática con profesionais que poidan determinar, ou cando menos ofrecer algunha conclusión sobre esta problemática.
 
Unha vez que se poidan determinar esas conclusións ou se realice algún avance ao respecto, convocatase de novo aos integrantes desta comisión. Persoal técnico municipal repasou as numerosas xestións realizadas dende o Consistorio dende que se detectou a problemática con diversas consellerías da Xunta de Galicia, direccións xerais, a Sociedade Galega de Historia Natural, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, Augas de Galicia
 
En todas as ocasións se informou sobre esta situación e tamén se advertiu da urxencia de traballar conxuntamente para atopar unha solución a unha situación que afecta á vida diaria dos veciños da parroquia do Val e que supón tamén un risco sanitario.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …