Se destinan en Narón 650.000 euros do POS+ para ampliar as instalacións do SPEIS

A corporación local naronense aprobou no pleno deste xoves 28 cos votos favorables de TEGA, PSOE e PP un investimento de 1.038.359 euros do POS+ Adicional da Deputación da Coruña en catro actuacións.
Así o indicou o voceiro de TEGA, Román Romero, explicando que un total de 648.317 euros da partida global se destinarán a ampliar o edificio do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón, ubicado no polígono de Río do Pozo.
A mellora destas instalacións é un dos compromisos adquiridos dende Terra Galega para o actual mandato, co fin de “acondicionar o edificio ás actuais necesidades, incrementadas ao tempo que se foron ampliando equipamentos e vehículos do servizo nos últimos anos”.
Do resto de contías desa partida global, tal e como se aprobou no pleno, 191.149 euros destinaranse ao acondicionamento de beirarrúas e aparcamento na avenida Castelao e na avenida do Mar, na zona da Gándara; 164.359 a instalar tubarías de saneamento e abastecemento no vial de acceso ao convento de Baltar, na parroquia do Val, e os 34.649 euros restantes a pavimentar a rúa Finca Herrera.
No transcurso da sesión aprobouse por unanimidade a creación do Sistema interno de información do Concello de Narón, o que implica iniciar o expediente para implantar ese sistema segundo o establecido na lei reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas de loita contra a corrupción, habilitando unha canle interna de información onde recibir esa información que estará operativo dende a Sede Electrónica do Concello de Narón e nomear a un técnico responsable da xestión do sistema interno de información.
Os servizos municipais realizarán os estudos, informes e trámites que fosen necesarios para tomar decisión que posibiliten o desenvolvemento do sistema segundo indica a normativa.
Outro dos asuntos aprobados no pleno por unanimidade foi a política de seguridade da información do Concello, incluída no proxecto de adaptación ao Esquema Nacional de Seguridade. O Concello solicitou unha subvención do programa de fondos europeos EDUSI para a “implantación do servizo de directorio activo corporativo, monitorización e ENS”, que se cofinanciará ata nun 80% con eses fondos da UE.
O investimento a realizar supera os 55.500 euros e permitirá que Narón sexa un dos concellos de Galicia pioneiros na súa implantación. Os festivos locais da cidade para o vindeiro ano, o 13 de febreiro, martes de Entroido, e o 24 de xuño, día de San Xoán, foron tamén outro dos puntos aprobados por unanimidade.
No apartado de mocións saíron adiante a presentada polo BNG, PP e PSOE para manter o servizo de taxis en Narón e a do BNG para convocar a Mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, ambas por unanimidade.
Así mesmo, aprobouse a presentada polo PP para a adquisición dunha parcela lindeira ao CRA de Sedes, para a que TEGA presentou unha enmenda solicitando un compromiso da Xunta para manter operativo o centro nos vindeiros anos, proposición que o PP non aceptou incorporar á moción.
 
Foi rexeitada polos grupos da oposición unha proposta do goberno local para o aumento da tasa de auga potable, saneamento e
depuración das augas residuais,
 
 
 

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …