Coa vista posta na conmemoración do Día do Orgullo Neofalante o próximo domingo 1 de outubro, o Concello de Valdoviño convida ao alumnado de 4º curso da ESO do CPI Atios a participar no obradoiro «Somos un pobo de artistas».
Guiado pola cooperativa ferrolá Rexenerando, buscou profundizar na música como recurso para promover competencias e actitudes en positivo cara a lingua galega.
O obradoiro bautizouse coa frase que fixo célebre Xurxo Souto no seu xa mítico programa musical na Radio Galega «Aberto por reformas», e nel os mozos pudieron coñecer algúns dos principais referentes da riqueza e diversidade da música galega contemporánea. Espertar a curiosidade e o aprecio pola escena musical en galego era, en definitiva, o seu obxectivo.
Esta primeira sesión, organizada polo Concello coa colaboración do CPI Atios,completarase nas vindeiras xornadas coa elaboración dun pódcast por parte do alumnado, onde se recolla e difunda a experiencia e as aprendizaxes adquiridas na mañá de hoxe.
A actividade conta co financiamento da Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e no marco da liña de subvencións a entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.