A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, desprazouse á empresa CT Ingenieros (CT Engineering Driven People), con sede no polígono da Gándara, para visitar as súas instalacións.
A rexedora local estivo acompañada polos edís de Promoción Económica, Olga Ameneiro, e Novas Tecnoloxías, Román Romero, nun encontro no que entre outros representantes da empresa estiveron o responsable de proxectos, Tomás Fernández, a xerente da Unidade de Negocios, Almudena Casanova, e Juan Sousa, á fronte da dirección.
Ferreiro agradeceu o convite que lle realizaron para coñecer as instalacións da empresa na localidade, unha firma cun amplo abano de mercado nos sectores naval, aeronáutico, automovilístico, de infraestruturas… tanto a nivel nacional como internacional.
CT Ingenieros, empresa con máis de 35 anos de experiencia, conta con sedes en nove países, entre eles ademais de España, Francia, Alemaña e Reino Unido, máis de dous mil expertos enxeñeiros e máis dun milleiro de clientes en todo o mundo.
“CT Ingenieros é unha empresa tecnolóxica I+D+I punteira en varios sectores, polo que é todo un orgullo que manteña a súa sede en Narón, levando o nome da nosa cidade por todo o mundo”, recalcou a alcaldesa.
Ferreiro asegurou que “é un orgullo comprobar como os nosos polígonos industriais acollen multinacionais que traballan en sectores tan especializados como o naval, a automoción ou a aeronáutica e que son auténticos referentes nos seus ámbitos de actuación, como é o caso de CT Ingenieros”