Burning encherá de rock a XXXIII edición da Feira de Fungos e Cogomelos de As Pontes

A XXXIII edición da Feira de Fungos e Cogomelos de As Pontes, unha das citas gastronómicas máis esperadas do outono pontés, encherase co música da mítica banda de rock en español Burning.

A cita será o sábado, 28 de outubro, ás 21:30 horas, patio do colexio Santa María. A entrada será libre ata completar aforo.

Precursores de todo o rock and roll patrio, e sobreviventes a máis de 3 décadas nos escenarios, a música de Burning segue sendo canallesca, enxebre, chulesca e nostálxica. Os seus temas transpórtannos ás noivas que nunca coñecemos, as barras que nunca soportaron as nosas penas e os cigarros que deixamos de fumar.

A súa música é para “experdedores”, para solitarios, para os amantes do esquecemento, de historias inconclusas, de “ayeres” e de xa cho dixen. O seu verbo fácil, a súa mirada turbia e o cheiro a fume son, para calquera alma sensible, un déja-vu. Exercicios de nostalxia que rememoran unha escena non vivida senón por vivir.

Lea también

Neda activa la merienda de Navidad de la tercera edad

El Ayuntamiento de Neda inicia los preparativos para su programación especial de Navidad. Desde el …