O concello de Fene dende a concellaría de Benestar social presenta o programa de Envellecemento Activo, no que se enmarca “SERÁNS ACTIVOS”.
Os obradoiros de “Espazo memoria” e “Lembranzas: o banco da memoria” desenvólvense de forma itinerante polas diferentes parroquias do concello a través das entidades veciñais e culturais, as entidades colaboran facilitando os locais da cordo coa súa dispoñibilidade horaria.
O obradoiro de “Recuperación da memoria” realízase no centro Sociocomunitario de Fene.
Cada persoa poderá escoller libremente o obradoiro ao que acudir independentemente na parroquia na que viva. Todos os talleres ofértanse cunha periodicidade semanal cunha duración de 2h. a partir do 9 de outubro de 2023 ata 22 de xuño de 2024.
Requisitos:
 Ter cumpridos os 55 anos.
 Cubrir ficha de inscrición antes do inicio da actividade.
Os obradoiros que se ofertan son os que se indican :
ESPAZO DE MEMORIA
 É un lugar de encontro pensado para aquelas persoas con esquecementos cotiás (onde están as chaves, cómo era o nome de…). Realízanse actividades para manter activa a mente e mellorar a memoria, a atención, a concentración, linguaxe etc. utilizando dinámicas grupais e de ocio.
LEMBRANZAS: O BANCO DA MEMORIA 
 Este obradoiro centrase en traballar diferentes procesos mentais desde unha perspectiva experiencial, dinámica, aportando vivencias e coñecementos. Ten como finalidade manter e recuperar a memoria histórica, costumes….. o que permite preservar a historia dunha comunidade fomentando as relacións interxeracionais e visibilizando as persoas maiores.
OBRADOIROS DE RECUPERACIÓN DE MEMORIA
 A súa finalidade é atrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Realízanse actividades en grupo encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Realizase unha avaliación previa para adaptar as actividades.
Actividades están abertas a poboación a partir dos 55 anos.
 A actividade ten carácter gratuíto.
| 
 Lugar e datas dos obradoiros  | 
||
| 
 ENTIDADES  | 
 DURACIÓN  | 
 HORA  | 
| 
 ESPAZO DA MEMORIA  | 
||
| 
 AA.VV. DE LIMODRE  | 
 XOVES Inicio 19 de outubro  | 
 17:00 -19:00h.  | 
| 
 C.P.S. DE SAN VALENTÍN  | 
 MARTES Inicio 10 de outubro  | 
 16:30 -18:30h.  | 
| 
 A.C.D.R. O POTE MANIÑOS  | 
 LUNS Inicio 9 de outubro  | 
 17:00 -19:00h.  | 
| 
 LEMBRANZAS  | 
||
| 
 A.C.D.R. LIGA DE AMIGOS. BARALLOBRE  | 
 MERCORES Inicio 11 de outubro outubro  | 
 16:30 – 18:30h.  | 
| 
 AA.VV. PERLIO  | 
 VENRES Inicio 13 de outubro  | 
 16:30 -18:30h.  | 
| 
 AW S.XURXO MAGALOFES  | 
 VENRES Inicio 13 de outubro  | 
 19:00 – 20:30h.  | 
| 
 A.C.D.R. AGARIMO SILLOBRE 
  | 
 MARTES Inicio 10 de outubro  | 
 18:30 -20:00h.  | 
| 
 C.M.I.U. FENE  | 
 XOVE Inicio 19 de outubro  | 
 17:00 – 19:00h.  | 
RECUPERACIÓN DA MEMORIA
| 
 CENTRO SOCIOCOMUNITARIO  | 
 MÉRCORES Inicio 11 de outubro  | 
 16.30 h – 18.30h  | 
Está aberto o prazo de matrícula ata que se cubran as prazas ofertadas, por orde de inscrición.(15 prazas por grupo). Entregarase cuberta a folla de inscrición no centro municipal de Servizos sociais ou na caixa de correo servizos.sociais@fene.gal
Para máis información podese acudir ó Centro Municipal de Servicios Sociais. Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo – San Valentín Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607 Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
				
			