A portavoz municipal do BNG de Narón, Olaia Ledo, visitou co presidente da AVV de Piñeiros, José Francisco Pita o camiño do Peregrino e a situación actual das intervencións do concello na área do “bowl” de skate board, parkour e senda que en teoría une os paseos de Freixeiro e Xuvia.
Tanto o presidente coma a portavoz do BNG volveron poñer o foco en que o elevado custe das obras non reflexe a construción dun parque infantil nos terreos situados diante do parkour
“Falta o parque infantil prometido nun barrio que carece dun en condicións pero, o aínda máis preocupante, é o feito que unha parte da senda está sen rematar cando en teoría vaise asinar o fin de obra. Isto implica que a senda do camiño do Peregrino carece de iluminación neste tramo e, tamén, un chan en condicións para poder dicir que se unen un paseo co outro. Imos preguntar por esta situación e reclamar que se finalice” indica Ledo “unha obra con diferentes licitacións no que se invirteu tanto non pode estar nestas condicións”.
Os nacionalistas demandan á súa vez que se reparen mobiliario colocado na senda “que está xa oxidado ou deteriorado”
Se adxuntan as declaracións de Olaia Ledo