Mércores 27 de setembro de 2023
Actividade: “Tecer comunidade aquí e agora” Lugar: Local social do Val (Lugar de Vilacornelle s/n), O Val Hora: De 17.00 a 20.00
O Concello organiza a través da Escola de Participación Cidadá de Narón esta xornada de convivencia e aprendizaxe, con entrada de balde. Responsables da Fundación Terra de Trasancos, de Outonía Cooperativa, da Asociación Ambiental Senda Nova e do colectivo Agrocuir falarán sobre os seus proxectos de dinamización da zona rural.
Actividade: “Cine eterno” Lugar: Pazo da Cultura Hora: 20.00
O Padroado da Cultura e o Cineclube Serie B organizaron un novo ciclo de cine, sobre películas que fixeron historia. Nesta xornada poderase ver o filme “Bienvenido Mr. Marshall”, de Luis García Berlanga. A entrada é de balde.
Sábado 30 de setembro de 2023
Actividade: “21 Leguas, os 101 quilómetros de Narón” Lugar: Saída e meta no paseo marítimo de Xuvia Hora: A partir das 8.00
O Concello organiza co Club Deportivo 21 Leguas este evento deportivo, no que participarán 1.100 persoas chegadas de diferentes comunidades. Ás 8.00 sairán os participantes na modalidade ciclista; ás 9.00 os de marcha e sobre as 10.00 os menores. Nos dous primeiros casos o percorrido de 101 quilómetros discurrirá polos concellos de Narón, Ferrol, Valdoviño e San Sadurniño.
Actividade: Presentación de proxectos dos nenos de Áurega Lugar: Biblioteca municipal Hora: De 11.00 a 12.00
O Concello e a Asociación Áurega organizan este evento, no que menores de entre 4 e 6 anos presentarán dous proxectos nos que estiveron traballando a pasada tempada: “O museo de Flororo” e “O libro dos animais en perigo de extinción”.
Actividade: “Berro” Lugar: Pazo da Cultura Hora: 20.00
A compañía Nova Galega de Danza conmemora este ano o seu vixésimo aniversario e estrea no Pazo o espectáculo “Berro”. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es