O BNG de Ferrol propón unha emenda ós orzamentos para a conservación e posta en valor dos restos da rúa San Francisco

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, presentou unha emenda adocumento de orzamentos municipais do goberno do PP para o ano 202para o desenvolvemento dun estudo arqueolóxico e a redacción dun proxecto de conservación e posta en valor dos restos arqueolóxicos da rúa San Francisco por valor de 100.000€

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou «esta emenda busca contar co financiamento necesario para poder poñer en valor estes restos arqueolóxicos e situase na liña, xa proposta polo BNG, de desvincular estes restos do proxecto de urbanización da rúa para non comprometer a perda do financiamento dos traballos»

O BNG demanda «desvincular os restos atopados na rúa San Francisco do proxecto de urbanización da rúa, de tal modo que non se comprometan a súa execución por non supoñer nin o 10% do conxunto do proxecto de urbanización desta rúa»

Por este motivo o BNG propón «incorporar aos orzamentos deste ano 2023 unha partida económica de 100.000€ para o desenvolvemento do proxecto de urbanización da Praza Vella do que forme parte a posta en valor dos restos da muralla medieval atopados na rúa San Francisco»

Lea también

Ferrol celebrará su 300 aniversario como Departamento Marítimo con una jura de bandera civil en la plaza de Armas

El Concello de Ferrol y la Armada organizarán el próximo 20 de junio una jura …